Perplexo de ILMaquinario teatro gaña os principais premios María Casares 2015

Á noite do pasado xoves 26, coñecimos os gañadores Premios de Teatro María Casares nunha gala retransmitida en diferido pola TVG, á que acudiron máis de 500 convidados, entre profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral.

María Torres e Gonçalo Guerreiro, de Elefante Elegante, codixiron a gala destes María Casares na que Vicente Montoto recibiu o premio de Honra Marisa Soto e o escritor Xurxo Borrazás leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, e contaron co acompañamento musical do grupo Kibitka.

Más información: Asociación de actores e actrices de Galicia