A MUSICA NON AMANSA ÁS BESTAS


Comedia de teatro musical

LIMIAR TEATRO

A MÚSICA NON AMANSA ÁS BESTAS

PRÓXIMA ESTREA MEDIADOS 2021

DESCARGA Dossier A Música Non Amansa ás Bestas

Comedia de teatro musical para persoas que queren entender e vivir na sociedade do agora e do futuro, interpretada por dous persoas ou máis que poden non ser actores ou actrices.

A música non amansa as bestas é un espectáculo no que a través do teatro, a música e a comedia o espectador reflexiona sobre a sociedade pasada, presente e futura.
Nesta peza presentase cuestións ao espectador, que so el poderá responder: Que é xusto? Por qué coñecemos mais homes no mundo das artes, e en xeral, que mulleres? Vivimos nunha sociedade tribal? Podemos cambiar isto?

A música é o fío que une todo, a música está e estará presente sempre nas nosas vidas, coa música choramos, rimos … pero tamén bailamos, a música úsase para facer “o ben” pero tamén “o mal”… ou non… diso xa nos encargamos nós os seres humanos. A música non deixa de ser unha ferramenta de comunicación, o “idioma universal” que todos entendemos pero ninguén interpreta igual. Unha sociedade sen música non pode existir, o silencio tamén é música e as veces a mellor das melodías ou das palabras. A música existe por que a escoitamos, unha sociedade educada en escoitar música é unha sociedade educada para escoitar os demais.

A música non amansa as bestas e unha contradición a famosa frase da lenda de Orfeo, poeta e músico, na que se dicía que a súa gran interpretación coa lira era tan grande que podía amansar a feras, pero todos sabemos que a musica non está feita para domar, nin amansar se non para comunicar e reflexionar.

 

“A música non pode parar unha bala, pero si deter a man de quen preme o gatillo”

A música non amansa as bestas é un espectáculo multidisciplinar que integra a música en directo, teatro, manipulación de obxectos e a comedia.
Un espectáculo modular adaptable tanto para público de secundaria como público adulto con contidos específicos para cada etapa formativa.
Limiar teatro aposta por traballos nos que a interacción co publico e a compoñente pedagóxica constitúen dous eixos fundamentais.

 

A música non amansa as bestas é unha proposta que pode ser representada tanto en teatros ou pequenos auditorios como en espazos alternativos dentro dos propios centros educativos para así chegar ao maior número de persoas.

 


EQUIPO ARTÍSTICO Y TÉCNICO

En escena: Iván Dávila e Brais Iriarte
Dirección e dramaturxia: Brais Iriarte
Dirección musical e composición: Brais Iriarte
Espazo e iluminación: Don Corcheiro e Brais Iriarte
E.S.P: Jose Manuel Núñez
Deseño do cartel e deseño gráfico: Lucía Sánchez
Equipo de produción: Brais Iriarte e Carlos Martínez Carbonell
Idiomas: galego, español

DATOS BÁSICOS

Idiomas: Galego/Castelán.
Duración estimada: 70 min.
Idade recomendada: maiores 12.
Requisitos escénicos desexables espazo: 9 x 6 x 5 m
Requisitos escénicos mínimos espazo: 5 x 5 x 3 m Técnica adaptable.
Espectáculo para sala e espazos non convencionais.

Espectáculo para todos os públicos. | Espectáculo modular adaptable ao espazo e a cada contido formativo requirido. (ESO e Bacharelato)


limiar teatro

Limiar teatro somos unha compañía galega creada en 2009 con numerosas produccións que dende entón teñen xirado por España, Portugal, Francia, Brasil, Bolivia, Arxentina e Uruguai.

Limiar significa límite, fronteira e por iso a compañía móvese nas fronteiras artísticas, xeográficas e personais.

Investigamos no umbral das artes integrando diferentes disciplinas como teatro, danza, música, teatro de obxetos, cociña ou artes plásticas.

Rompemos as fronteiras xeográficas con coproduccións e xiras internacionais que nos levaron a estrear a maior parte das nosas produccións fora de Galicia e a integración nos equipos de profesionais de España, Francia, Rusia, Brasil, Colombia ou Portugal e que neste proxecto se ampliará a novos países.

Profundizamos na relación entre as persoas, creando proxectos comunitarios especiais en espacios singulares en colaboración con Teatro del Hereje, nos que intérpretes profesionais comparten escenario con agrupacións locais pondo en valor o patrimonio arquitectónico e inmaterial das localidades.

crémilo

Crémilo, Proyectos Culturales y Dist. Espectáculos creado 2014 en Ourense, destaca:

Na produción escénica participa nos títulos como «Golfa» de Jose Padilla en coproducción con Primera Toma Coach, estreada en novembro de 2020 e actualmente en xira. Tamén as coproducións con Limiar Teatro dos espectáculos «Se fosen turistas levarían gafas de sol», coprodución co Centro Drámatico Galego, Teatro Nacional Dona María II deLisboa, Comedias do Minho, Cía Nac. Fósfors de Arxentina e El Mura de Uruguai, obra sigunlar que medra en cada xira incorporando memoria das migracións estreada en Montevideo en outubro de 2019 e actualmente en xira. «O conto da Azuzaina» de Fran Núñez sobre a diversidade familiar ( 2016 a 2018).

Como distribuidor teatral traballando actualmente en exclusiva coas compañías Chévere con “Nevermore” (pendente estrea para set. 2021), “Curva España”, “Eroski Paraíso”, Limiar Teatro con “Se fosen turistas levarían gafas de sol”, “A música non amansa ás bestas” (pendente de estrea), El Sol de York con “Chicas y chicos” e Cámara Negra con “Si esto es un hombre”. En todos os casos proxectos con reflexión sociais vixentes de calado. 

Tamén colabora na distribución das compañías Abubukaka, La Extinta Poética, Inconstantes, Markeliñe, Zanguano e Visitants. 

No audiovisual é produtor das longametraxes, Arima de Jaione Camborda para Esnatu Zinema (2019) e Ons de Alfonso Zarauza para Maruxiña Film Company (2020). Nno musical levou a  produción artística do ciclo de música de cámara “Enclave de Cámara” en Ourense entre a 2º e a 7ª edicións (2013-2020).


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Dispoñible taller:
A MÚSICA, UNHA FERRAMENTA DE COMUNICACIÓN para público xeral e institutos

MÁS INFORMACIÓN

http://www.limiarteatro.com/