HELEN KELLER, A MULLER MARABILLA?

#TEATRODOCUMENTO #DISIDENCIA #REBELDÍA #INTENGRACIÓN #LSE 

CHÉVERE

HELEN KELLER, A MULLER MARABILLA?

Unha obra feita en lingua de signos e lingua galega dirixida a público oínte e a persoas xordas.
Unha coprodución de Chévere co Centro Dramático Nacional-CDN- e o Teatre Lliure, co apoio da Agadic-Xunta de Galicia e a colaboración do Salón Teatro – Centro Dramático Galego – Santiago de Compostela, Concello de Ames e Sala Ártika.

ESTREA 15 a 25 feb. 2024 Salón Teatro – Centro Dramático Galego CDG, Santiago de Compostela | Do 15 marzo ao 7 abril 2024 Sala Francisco Nieva, Teatro Valle Inclán – Centro Dramático Nacional CDN, Madrid | Do 9 a 19 maio 2024 Teatre Lliure – Gràcia, Barcelona

Descarga dossier HELEN KELLER, A MULLER MARABILLA?
Descarga ficha técnica HELEN KELLER, A MULLER MARABILLA?

«Mentras me adiquei a traballar para as persoas cegas, a xente eloxiábame dun modo extravagante, chegando a chamarme “a arcipreste dos cegos” ou “o milagre moderno”. Pero cando o meu discurso pon no centro a pobreza e manteño que esta é resultado dunha economía inadecuada, que o sistema industrial baixo o que vivimos é a causa da cegueira e sordeira na que vive a maior parte do mundo, entón cousa cambia.»
Helen Keller (1880-1968).

SOBRE A OBRA

Nos últimos quince anos estreamos unha serie de pezas que cuestionaron as narrativas oficiais sobre o imperio Zara de Amancio Ortega (Citizen), sobre a crise financeira (Eurozone), sobre a globalización (Eroski Paraíso), sobre a insubmisión do mundo rural (As Fillas Bravas), sobre a unidade nacional, a liberdade de expresión e a España Baleirada (Curva España) ou sobre a cultura do petróleo (N.E.V.E.R.M.O.R.E.). Sempre a través de historias locais nas que se cruzan a memoria colectiva e a nosa experiencia persoal.

Agora estamos traballando nun proxecto que vai modificar algunhas das chaves do noso traballo, tratando de cuestionar o noso propio modus operandi para seguir desbordando os límites e as estratexias das prácticas actuais de teatro documento. Para fuxir do ensimismamento. Para non saír na foto. Para non perder o costume de seguir buscando. Afastámonos das historias máis ou menos locais e da mirada xeracional, pero mantemos o interese por narrar desde as zonas de fricción entre a memoria colectiva e os relatos oficiais, mantendo a metodoloxía de traballo e as tácticas de creación.

¿Porque non é posible que unha das mulleres máis famosas da súa época en
EE.UU. fose unha militante comunista?

Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para nós, chamada Helen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os oito anos. Polo menos esta é a parte da súa vida que fica na memoria colectiva, como un exemplo de superación da discapacidade. E polo que sabemos, a maioría dos seus escritos acaban rescatados como simples aforismos motivacionais. Pero ao investigar en varios arquivos dixitais norteamericanos imos descubrindo outras facetas desconcertantes da súa vida, que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente, nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que Helen Keller é un fake, incluíndo unha petición en charge.org para eliminala da historia.

Isto provoca a nosa curiosidade. Por que se oculta parte da súa vida? A quen lle interesa facelo? Por que queren eliminala da historia? Porque é unha muller, xorda e cega? Porque non se acepta que unha das persoas máis famosas do século XX en EE.UU. sexa comunista? Porque unha muller con discapacidade non se pode converter nunha líder anticapitalista?

Son preguntas que tratan sobre a posibilidade da rebeldía e a disidencia na nosa sociedade. Sobre a posibilidade de ser considerada unha muller marabillosa e ao mesmo tempo poder vivir simplemente como unha muller independente e autónoma. Sobre a posibilidade de aceptar que sexa unha muller xorda quen rache os silencios sociais ou que sexa unha muller cega quen abra os ollos da sociedade diante da inxustiza que nos rodea. Alén diso resoa a posibilidade da utopía entendida como unha función da nosa memoria. Pode Helen Keller devolverlle os soños a Greta Thunberg?

Este tamén é un traballo que cuestiona a in-comunicación entre persoas oíntes e non oíntes, explorando as posibilidades de compartir unha conversa aberta no escenario, como unha silenciosa reivindicación da importancia das linguas minorizadas, do seu uso público e do seu encontro. Por iso integramos na mesma obra a lingua falada en galego e a lingua de signos.

Pode unha muller que ten sordera e ceguera convertirse nunha líder anticapitalista?


FICHA ARTÍSTICA

En escenaPatricia de LorenzoChusa Pérez Ángela Ibáñez
Dramaturxia e direcciónXron
ComunicaciónXana García
Espazo sonoroXacobe Martínez Antelo
IluminaciónFidel Vázquez
Produción executivaPatricia de Lorenzo
Axudantía de direcciónBorja Fernández
Espazo audiovisualLucía Estévez
Espazo escénicoNononon.lab
DistribuciónCremilo / Carlos M. Carbonell
SonXurxo Pinheiro
Idea orixinalChusa Pérez
CreaciónChévere
Asesoramento e apoio en inclusiónChusa Pérez
Produción, administraciónInés Portela
Asesoramento en lingua de signosRamón Costoya Lens

Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional e co Teatre Lliure, con apoio de AGADIC/Xunta de Galicia. Colaboran: Centro Dramático Galego, Concello de Ames, ONCE, Sala Ártika. Obra en lingua oral (galego) e lingua de signos (LSE), con textos proxectados en galego.

DATOS BÁSICOS

FORMATO. Trátase dunha produción de formato mediano, cun equipo de tres actrices en escea e dous técnicos en xira, sen grandes volúmes de escenografía e unha montaxe que poderase facer en 7 horas.

IDIOMA/ACCESIBILIDAD. Espectáculo en lingua de signos (LSE) e lingua falada (galego e castelán) con sobretítulos en castelán.

REQUISITOS TÉCNICOS. Para a implantación da escenografía e a iluminación necesítase un espacio cunhas medidas mínimas de: Ancho en boca 8m | Fondo 7m (dende o telón de boca ata aa parede de fondo) | Alto 4,5m. Durante a función realizaranse proxeccións de vídeo. A compañía pode aportar o proxector e a pantalla.

AUDIENCIA. Maiores de 12 anos. DURACIÓN. previsto entre 75 e 95 min.


CHÉVERE. A COMPAÑÍA.

Chévere é unha compañía de axitación teatral con máis de 35 anos de traballo ao lombo, que soubo manter con naturalidade unha proposta de creación tan irreverente como xenuína. En 2014 recibe o Premio Nacional de Teatro, polo seu compromiso social e cultural e pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.

Chévere conserva un núcleo artístico estable: Miguel de Lira, Xesús Ron, Patricia de Lorenzo, mantendo unha ampla rede de colaboracións con decenas de profesionais
de distintas procedencias xeográficas, xeracionais e creativas. Chévere usa o humor como filosofía, a risa como expresión e o pensamento crítico como ferramenta. As súas obras confrontan no palco os debates do presente coa memoria dun pasado recente que nos afecta, documenándoo en escena cunha linguaxe contemporánea accesible a públicos moi diversos. Exemplos deste modus operandi son traballos como N.E.V.E.R.M.O.R.E. (2021), Curva España (2019), Eroski Paraíso (2016), As Fillas Bravas (2015), Ultranoite no País dos Ananos (2014), Eurozone (2013), a triloxía Citizen (2010-2011) ou Testosterona (2009).

Chévere crea a Nave de Servizos ArtísticosSala Nasa en 1992, un espazo cultural independente único pola súa singularidade, ocupándose da dirección artística ata o seu
peche a finais de 2011, precipitado pola persecución do goberno local do PP. Alí mantén o seu cuartel xeral durante 20 anos, servindo de base a gran parte da produción cultural da cidade e a infinidade de proxectos escénicos, grupos e autores que representan a creación máis arriscada deste período en Galicia, Portugal e España.
A partir de 2005 Chévere diversifica o seu teatro de operacións. Participa en proxectos
audiovisuais como Pepe O Inglés (serie emitida en TVG), Crebinsky, o filme (longametraxe en cine), A Viaxe dos Chévere (documental) ou a versión cinematográfica de Eroski Paraíso. Crea a redenasa.tv, unha plataforma dixital de contidos culturais en galego que acolle ademais o arquivo audiovisual da Sala Nasa. Executa innovadores proxectos de creación en internet como Amores Prohibidos 2.0, xunto a un grupo de adolescentes. E
converte o seu teatro nunha ferramenta de divulgación, sensibilización e comunicación
transversal a moitos sectores da sociedade (divulgación científica, promoción do comercio retallista, sensibilización sobre temas de igualdade, violencia machista ou inclusión social).
Entre 2012 e 2019 Chévere desenvolve un proxecto como compañía residente no Concello de Teo (A Coruña), un modelo experimental de relación público-privado que ten como obxectivos fixar o funcionamento dunha compañía de teatro a un espazo estable implicándose nunha contorna local para rendibilizar o uso dos espazos públicos, mellorar a estabilidade laboral dos profesionais do teatro e capitalizar o prestixio e o know how dunha compañía como Chévere en beneficio da comunidade que a acolle.
En 2015 a compañía pon en marcha a Berberecheira, unha iniciativa de custodia do territorio teatral, un laboratorio de creación e xestión colectiva que desbordan o núcleo estable da compañía. A primeira sementeira ten como obxectivo ampliar a documentación escénica de feitos e historias do pasado recente, contadas en primeira persoa, como práctica de investigación sobre o teatro testemuñal. Na Berberecheira incubáronse tres proxectos: Goldi Libre (2016), de César Goldi, sobre o movemento de insubmisión ao servizo militar dos anos 80- 90; Salvador (2017), de Borja Fernández, sobre o impacto da emigración nunha familia galega; Anatomía dunha Serea (2018), de Iria Pinheiro, sobre a violencia obstétrica.
Nos últimos anos Chévere intensifica o seu traballo de creación de ficcións sonoras. Investiga nas posibilidades das narrativas espaciais, usando a comunicación sonora a
través de dispositivos dixitais e auriculares para realizar visitas e paseos ficcionados por barrios, vilas, centros históricos, edificios singulares e espazos naturais, adaptadas tamén a usos turísticos (audioguías ficcionadas).

Destacados…

N.E.V.E.R.MO.R.E.

Temporada en Teatre Lliure – Sala Fabiá Puigserver, ene.2022 | Aniv. Prestige, Auditorio de Galicia, Santiago, nov. 2022 | Recomendado La Red Española de Teatros – Comisión Teatro, Cuaderno nº 52, nov. 2021. Estreno y temporada en Centro Dramático Nacional -CDN-, sept.-oct. 2021

Curva España [EN XIRA]
XXXI Muestra de Teatro Españo Autores Contemporáneos – Alicante, nov. 2023 | Temporada Teatre Lliure – Gràcia, dic. 2022 | Temporada Naves del Español, marzo 2021 | Recomendado La Red Española de Teatros – Comisión Teatro, Cuaderno nº 50, dic. 2020. | Temporada Teatros Canal, marzo 2020 | Seleccionado en Catálogo Recomendado Red Vasca de Teatros – SAREA, nov. 2019. | Premio Mellor Espectáculo FETEGA – O Carballiño, sept. 2019 | XXII Feria de Teatro de Castilla y León, – Ciudad Rodrigo, ago. 2019 | 35ª MIT Ribadavia, jul.2019

Eroski Paraíso
XXV Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos de Alicante – Teatro Principal, nov. 2017 | XLVIII Festival Internacional de Teatro Molina de Segura. septiembre 2017 | XXI Feria Artes Escénicas y Musicales de Castilla La Mancha – Teatro Circo Albacete, abril 2017
Recomendado “Sello R” La Red Española de Teatros – Comisión de Teatro, marzo 2017.
Temporada en Naves del Matadero – Teatro Español – MADRID, enero-febrero 2017 | XIII MadFeria – Feria de Artes Escénicas de Madrid, enero 2017 | Incluído en el Catálogo Espectáculos Recomendados SAREA | TERCERA SETMANA – Festival Artes Escéniques Valencia, junio 2016 | Galicia Escena Pro – Santiago de Compostela, junio 2016 | VIII Jornadas sobre la Inclusión Social y la Educación en las Artes Escénicas – A Coruña, abril 2016 | Dferia- XXII Artes escénicas – Donosti, marzo 2016

Nos últimos anos:
Premios María Casares a Mellor Espectáculo, Dirección, Actriz protagonista e música (Eroski Paraíso)
Premio Nacional de Teatro 2014.
Premio da Crítica de Galicia (2012).
Premio de Honra Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (2012).
Premios María Casares: mellor espectáculo (2012, 2014), mellor dirección (2012), mellor actriz protagonista (2012), mellor actriz secundaria (2014), mellor iluminación (2014), mellor escenografía (2014), mellor actor secundario (2015), mellor música (2015), mellor texto orixinal (2015).

Chévere ha presentado sus espectáculos en más de 70 ciudades de Galicia, España, Portugal y outros países europeos, africanos y latinoamericanos. En 2015 realizó una gira con AECID. En 2013 hizo temporada en el CDN-Teatro Valle Inclán de Madrid. Y en los últimos años participó en festivales como Temporada Alta (Girona), Escena Contemporánea (Madrid), Festival del Mercosur (Córdoba, Argentina), Mostra Internacional de Ribadavia, Festival Internacional de Teatro de Ourense, Festival Internacional Outono Teatro de Carballo o la Mostra de Teatro de Cangas.


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Encuentros con el público, talleres, proyección documental sobre la compañía “A viaxe dos Chévere“…

MÁIS INFORMACIÓN

http://grupochevere.eu/94-Proxecto-Helen-Keller-os-lugares-secretos-e-os-silencios-que-matan | http://www.grupochevere.eu/

#TEATRODOCUMENTO #DISIDENCIA #REBELDÍA #INTENGRACIÓN #LSE