SINOPSE

MÍTICAS PERO SECUNDARIAS de Antón Reixa e Antela Cid

Un espectáculo único e duplo, dúas pezas independentes pero complementarias, clásicas pero contemporáneas.
“A infeliz felicidade e o prezo do aceite” de Antón Reixa.
O “complexo de Polícrates”, a ausencia desta figura mitolóxica na literatura greco latina e a presenza do complexo na poesía de Rosalía de Castro.
”Tres somos ti” de Antela Cid.
Ismene, Crisóteme e Políxena, tres imvisibles secundarias, comparten lugar no imaxinario de Antela Cid; creando así un solo clásico e contemporáneo.

MÍTICAS PERO SECUNDARIAS
“A infeliz felicidade e o prezo do aceite” de Antón Reixa
Autor, director e intérprete: Antón Reixa.
Colaboracións audiovisuais: Quico Cadaval, Chus Pato e Anxo Angueira.
Gravación e edición de video: Tonche Segade.

”Tres somos ti” de Antela Cid
Autora, directora e intérprete: Antela Cid.
Espazo escénico e iluminación: Violeta Martínez.
Vestiario: Antela Cid e Silvia Penas.
Atrezzo: Elvira Valle Leivas.
Arranxo musical piano: Carlos Segovia.

Productores: Antela Cid, Antón Reixa e Carlos M. Carbonell.
Unha produción de Crémilo co Centro Dramático Galego e A Cidade da Cultura.

Míticas pero secundarias é unha investigación e espectáculo único e duplo, un díptico onde dous artistas crearán e amosarán dúas pezas independentes pero complementarias nas que cada un procurará nos clásicos gregos co total liberdade e independencia.
Por unha banda Antón Reixa, e por outra Antela Cid, compartirán estas pezas indagando nos seus vínculos e querencias coa mitoloxía.

“A infeliz felicidade e o prezo do aceite” de Antón Reixa
Antón Reixa, autor, director e intérprete da primeira parte do espectáculo, amosaranos como foco principal da súa creación o complexo do heróe Polícrates – medo ao éxito?, sentimento de fracaso ao acadalo?.
Este non tan comunmente coñecido complexo ten moito do galego, e como maior expoñente do mesmo podería estar Rosalía de Castro, e a súa obra.
Dende este punto de partida, Antón desenvolverá interesantes ideas con valiosas colaboracións presentes a través de audiovisuais para sorprendernos nos obxetivos e devires da súa persoaxe.

”Tres somos ti” de Antela Cid
Antela Cid xogará a segunda parte deste díptico. Será a propia actriz a creadora da dramaturxia,sendo ela mesma a autora dos textos, da proposta escénica e da súa dirección interpretativa que levará a escena.
Baseándonos en tres mitos gregos femininos: Ismene, Crisóteme e Políxena crearemos unha proposta actual onde teñen cabida textos teatrais e poéticos de Antela Cid e así coma temas musicais contemporáneos.
Tres historias invisibles de mulleres invisibles, que ben podían ser unha ou cada unha de nós, na antigua Grecia ou en calquera parte do mundo. Un berro individual e colectivo coa intención de camiñar cara un mundo mellor onde a desigualdade non teña cabida.
O resultado será unha peza inspirada nos clásicos gregos pero pasada pola peneira do imaxinario de Antela Cid por primeira vez creadora total neste acto dentro das artes vivas.

https://www.cidadedacultura.gal/es/evento/clasicas-desfeitas-vol-10-y-11-miticas-pero-secundarias

https://www.cidadedacultura.gal/es/evento/clasicas-desfeitas-vol-10-y-11-miticas-pero-secundarias

https://www.g24.gal/-/-clasicas-desfeitas-ii-rebeldes-ante-a-traxedia

https://www.elcorreogallego.es/santiago/2024/02/22/aprendo-hija-actriz-contrabandista-infiltrado-98483523.html

https://www.elcorreogallego.es/santiago/2024/02/14/llega-gaias-diptico-teatral-antela-98190769.html

https://www.galiciapress.es/articulo/cultura/2024-02-14/4719415-obra-teatral-miticas-pero-secundarias-cerrara-ciclo-clasicas-desfeitas-hablando-miedo-exito-e-igualdad

https://fotos.europapress.es/fotonoticia/f5759144

https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/254945-miticas-secundarias-obra-anton-reixa-antela-cid-reflexionar-medo-exito-igualdade

ANTÓN REIXA (Vigo, 1957)

Licenciado en Filoloxía galega.

Moi activo no mundo da poesía desde finais dos 70’ co Grupo de Comunicación Poética Rompente (“Silabario da Turbina”, “A dama que fala”, “As ladillas do travesti” e en 2021, “Que Hostia din os Rumorosos?”). En solitario publicou os poemarios: “Ringo Rango”, “Escarnio”, “Látego de Algas”, “Algo Raro Pasa Raro” e “Outlet”. En narrativa; “Transporte de Superficie” e “Michigan/ Acaso Michigan”.

Cantante e letrista de Os Resentidos e Nación Reixa. As súas letras están recollidas no libro “Viva Galicia Beibe”.

Como produtor e director audiovisual, especialmente relevantes a serie “Mareas Vivas” e o filme “O Lapis do Carpinteiro”. Foi presidente da SGAE.

En teatro ten unha longa experiencia: “Gulliver FM” (1985, Grupo Artellllo, autor), “After Shave” (1986, musical, autor, director e produtor) “Doberman” (1994, autor), autor de tres espectáculos coa compañía suiza “L’Alakran” (director Oskar Gómez Mata), colaboración con “La Fura Dels Baus”, produtor de “Mundo Lois” e do musical “Galicia Caníbal”. Autor e actor de “Melancoholemia” con dirección de Fernando Bernues.

En 2021 foille concedida polo goberno español a medalla de ouro ao Mérito nas Belas Artes. Remata de recibir o III Premio Plataforma na IV edición do Festival Plataforma organizado pola Cooperativa Performa – Santiago de Compostela 2023.

Na actualidade prepara unha exposición conxunta coa pintora Ángela de la Cruz, sobre o mundo das mariscadoras de Galicia. 

ANTELA CID (Vigo, 1984) 

Docente de teatro e de igualdade. Dende o 2022 coprodutora xunto con Fran Peleteiro da «Compañía humana». Actriz titulada na ESAD de Galicia no Grao en Interpretación Textual, tamén no Laboratorio de Teatro de William Layton e no Máster na Escuela Libre de Interpretación baixo a dirección pedagóxica de Sanchís Sinisterra, ademáis de numerosos cursos nas artes escénicas, é tamén titulada no Máster de Igualdade de Xénero e Coeducación pola Universidade de Santiago. 

Profesionalmente traballa como actriz en cine, teatro e televisión, performer e dramaturga en diferentes produtoras e compañías. 

Entre os seus traballos máis salientables inclúen: “Tartufo” para o CDG; coa dir. de Carles Alfaro (2016), “DaVinci tiña razón” con Producións Excéntricas e dir. Quico Cadaval (2015/16), “Galicia Caníbal, o musical” para Filmanova como codramaturga e axudante de dirección (2012), varios proxectos con Escénate (2008/09) ou “Romeo e Xulieta” de Teatro do Noroeste e dir. Eduardo Alonso (2007).

No cine participa en filmes como “La Niebla” de David Hernández, “Doentes” de Gustavo Balza (2011), “Hotel Tívoli” de Antón Reixa (2007), “Por mí y por todos mis compañeros” de Judas Díaz (2005). 

Na televisión destacar a participación na 2ª e 3ª tempadas da serie “Casa Manola” dirixida por Javi Camino (2015-2016), na serie “La que se avecina” dir. Laura Caballero (2014), nas tv/movie “Fútbol de Alterne” con dir. de Albert Ponte (2009) e “O Club da Calceta” con dir. de Antón Dobao (2008) ou a participación na webserie “Monstras” con dir. de Eire Cid (2019).

QUICO CADAVAL (Ribeira, 1960). 

Dramaturgo, director de escena, actor, narrador oral.

CHUS PATO (Ourense, 1955) 

Poeta, membro da Real Academia Galega.

ANXO ANGUEIRA (Mansenlle, 1961) 

Filólogo, escritor e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro.Coruña, 1957) 

 

TONCHE SEGADE (A Coruña, 1957) 

Profesional no medio audiovisual dende mediados dos anos 80. Ten desenvolvido a súa actividade principalmente como realizador de vídeos musicais e concertos para artistas como Duncan Dhu, Revolver, Melendi, Loquillo, Ález Ubago, Los Secretos… e programas de televisión como “O Meu Barrio”, “Haitat”, “O Gran Camiño”, “Somos unha Pontencia”. 

Como video creador gañou en 1987 (xunto a outros tres autores) a Bienal de Video de Barcelona con “Durme Rainer, Xa Estás Morto”, un vídeo que dalgunha maneira homenaxeaba ao director de cina alemán Rainer Werner Fassbinder. A obra foi posteriormente mercada polo Centro de Arte Reina Sofía e o Centro Galego de Arte Contemporáneo.

https://vimeo.com/segade

VIOLETA MARTÍNEZ RIBERA (Cangas de Morrazo, 1992)

Graduada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia, na especialidade de Escenografía. Mestrado en Identidade visual e Construción de marca pola UOC.

Os seus deseños destacan polo coidado na creación de atmosferas envolventes, que xeran atmósferas e personaxes. Un exemplo disto é o seu traballo para Si esto es un hombre, con Cámara Negra Teatro (2020) ou para Lonxe de Caryl Churchill (2019), onde a escenografía se transformaba a través da iluminación. Nos últimos dous anos traballa realizando deseños para teatro, concertos e danza. Algúns exemplos son os seus traballos para Cía. Malamadre (2020), Colectivo VACAburra (Festina lente, 2021), Mounqup (posta en escena de Aquelarre, festival Sons da Canteira, 2021), BFlecha (posta en escena da presentación de ExNovo, festival Underfest, 2021), Cía. Vaiembora (Cariño, 2021), Cía. Barrosanta (Ragazzo, 2022) ou a gala dos Premios María Casares do 2022.

Dende 2021 é socia da Asociación de Autores de Iluminación e no ano 2022 foi candidata aos Premios Max como mellor deseño de iluminación.

www.violetaluzyespacios.com

SILVIA PENAS (Vigo, 1980) 

O seu traballo ten como punto de partida a creación de textos, cunha forte vocación de indagar na poesía escénica e outros formatos de poesía efémera e expandida, de incorporar a palabra poética ao corpo a través da voz. Investiga noutros modos de dicir o poema, confiando en que ese “dicir” conteña unha capacidade mobilizadora cara á acción e á reflexión.

Conta con varios volumes de poesía publicados, algúns deles premiados. No ámbito da poesía expandida cabe destacar a formación anteriormente citada Cintaadhesiva (poesía, música e electrónica e videoarte), da cal é cocreadora, xunto ao músico e videocreador Jesús Andrés Tejada. Participou na elaboración colectiva da peza teatral Sofía e as Postsocráticas da compañía Inversa Teatro, onde se inclúen textos da súa autoría e é actriz principal. Ao longo dos últimos anos ten realizado proxectos escénicos e poéticos en solitario e tamén colaborativos como membro do Colectivo Límites, coa Orquesta Clásica de Vigo, e con outras entidades e formacións.

É creadora dos vestiarios dos seus próprios espectáculos e tense encargado tamén dos de outras artistas, como María Roja ou Nerea Brey.

https://www.silviapenas.com

ELVIRA VALLE LEIVAS (Ferrol, 1969)

Artesá con taller propio, desenvolveu parte da súa actividade profesional no departamento artístico do eido audiovisual, maioritariamente en atrezo.

Ten coñecemento en técnicas e materiais como papel, tecido, metal e cerámica.

Na actualidade dedícase á confección de complementos, á cerámica e á xoiería.

CARLOS SEGOVIA (Vigo, 1971)

É músico, compositor, arranxista e instrumentista de formación clásica e jazzística.

Licendiado nas especialidades de piano, linguaxe musical e diplomado en guitarra coas máximas calificacións. Obtivo certificados de piano da Guildhall School of Music of London.

Complementa a súa formación con diferentes cursos que abranguen o panorama internacional musical.

Como intérprete desenvolveu a súa actividade por toda Galicia, Portugal, Barcelona, Madrid e Alemaña. Colabora con diferentes formacións dos máis diversos estilos musicais incluíndo o Cabaret. Comparte escenario con músicos de todo o mundo, incluíndo a realización de seminarios con Michael Brecker e Bill Dobins.

A infeliz felicidade e o prezo do aceite.

Galería

Galería

PRODUCTORES

CRÉMILO PROYECTOS CULTURALES Y DIST. ESPECTÁCULOS

PRODUCTORES

Creada en 2014 por Carlos M. Carbonell, ten como marco de actividade as artes escénicas e a xestión cultural.
Na produción está vinculado a proxectos como Golfa de Jose Padilla (2020) en coprodución con Alicia Álvarez de Primera Toma, Si fosen turistas levarían gafas de sol (2018) ou O Conto da Azuzaina (2016) ambas de Fran Núñez, en coprodución con Limiar Teatro.
Distribución traballa entre outras para Chévere (Premio Nacional de Teatro 2016), El Sol de York, Cámara Negra, Inconstantes Teatro, La Rueda Teatro Social e Nauta Teatro, colaboracións con T de Teatre, ou en Galicia con Markeliñe e Teatro Paraíso, entre outras.
Noutros ámbitos destacar a producción artística de 2014 a 2021 [6 edic.] do ciclo de música de cámara Enclave de Cámara en Ourense, a coprodución executiva das longaetraxes Arima de Jaoine Camborda (Esnatu Zinema) e Ons de Alfonso Zarauza (Maruxiña Films Company) ou o proxecto “O espello da memoria no trazo da palabra” baixo a dirección artística de Mateo Feijoo coa coedición con La uÑa RoTa do libro TU EXISTE de Luz Pichel con debuxos de María Puertas.
É socio de ADGAE, ASSITEJ e AGPXC.

 

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO – CDG

Creado no ano 1984, o CDG é a unidade da Xunta de Galicia dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais.
O Centro Dramático Galego é unha unidade de produción dentro da AGADIC. Mais tamén é unha unidade de creación, con vida propia, un lugar onde xerar ideas, difundilas. E como tal débese desenvolver e expandir. O CDG debe de ser un referente e un apoio para a creación dramática galega.
O Centro Dramático Galego, como unidade de produción teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten como obxectivo a realización dunha programación escénica que faga posible que o espectador da nosa comunidade teña unha visión completa do panorama dramático contemporáneo.
Por ese motivo as liñas en que se sustenta a programación son as seguintes:
A representación dos grandes repertorios dramáticos clásicos, galegos e internacionais, postos ao día e enfrontados á realidade dos nosos coetáneos.
A representación dos grandes repertorios dramáticos contemporáneos, galegos e internacionais.
A posta en escena de espectáculos destinados ao público infantil e familiar.
O apoio e a apertura a outros xéneros artísticos e manifestacións parateatrais -o circo, a danza, a performance, expresións vocais-musicais…-.
Deste xeito materializamos unha programación acorde co espírito da institución, que fidelice e diversifique públicos e que faga do Centro Dramático un referente da produción dramática feita en Galicia, e do Salón Teatro, a través dunha programación sistemática, plural e de recoñecida calidade, un espazo emblemático para a cidade e a súa área metropolitana, así como para toda a Comunidade Galega. Unha programación que abarque e respecte as tempadas teatrais naturais.

 

FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia créase en 1999, por iniciativa da Xunta de Galicia e baixo o réxime de Fundacións de Interese Galego, co obxecto de centrarse na creación e xestión dun «espazo multifuncional, multidisciplinar e aglutinador, propicio para a interacción cultural».
Situada en Santiago de Compostela e concibida como un polo cultural de grande envergadura, dedicado ao coñecemento e a creatividade contemporánea, a Cidade da Cultura de Galicia perfilouse desde as súas orixes como un instrumento que, conxugando pasado e futuro, permitise a Galicia abordar de maneira integral un ámbito estratéxico para o seu desenvolvemento: o da cultura.
Despois de dez anos dun intenso e rico debate e dun coidado proceso construtivo, a Cidade da Cultura de Galicia botou a andar en 2011 como un proxecto que pon a arquitectura ao servizo da cultura e a arte.

Scroll al inicio